Mil imaxes e un millón de palabras
Nace no ano 76 en Boiro (A Coruña). Realizou estudos na Escola de Arte Ramón Faílde de Ourense durante o período 2001-03. Pouco despois, impartiu clases de debuxo, pintura e animación audiovisual na produtora Deboura Cultural (Porriño), dentro do programa plan FIP 2004. Interesado polo deseño e a animación, cursou o Máster de Infografía Audiovisual Animada 2D e 3D da produtora Limaia (Sandiás, Ourense).
Especialmente dedicado á ilustración de libros de literatura infantil e xuvenil, tamén imparte obradoiros e realiza encargos como retratos e murais.
Realizou estudos na Escola de Arte Ramón Faílde de Ourense durante o período 2001-03. Pouco despois, impartiu clases de debuxo, pintura e animación audiovisual na produtora Deboura Cultural (Porriño), dentro do programa plan FIP 2004. Interesado polo deseño e a animación, cursou o Máster de Infografía Audiovisual Animada 2D e 3D da produtora Limaia (Sandiás, Ourense).
Os primeiros traballos de ilustración editorial que abordou, en 2005, foron Adiós, ríos; adiós, fontes, de Rosalía de Castro, nunha edición de Baía Edicións, e O conto dos silencios, de Silvia Pazos, tamén publicado por Baía.
|